Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

A escasa eficacia das técnicas de identificación da Policía Nacional da Coruña

A finais do 2017 fíxose viral un vídeo gravado en Valencia no que se podía ver a un funcionario do Corpo Nacional de Policía abofeteando a unha muller mentres o seu compañeiro contemplaba a súa actuación sen realizar a máis mínima obxección.

Cabe lembrar que a gravación e difusión de imaxes de funcionarios e funcionarias policiais no exercicio das súas funcións non está prohibida. O que está prohibido é a utilización indebida das imaxes creando situacións de perigo para os funcionarios e/ou as súas familias,  ou de forma que menoscabe o seu honor.

Pois ben, a gravación dunha desas "actuacións illadas" nos que membros das Forzas e Corpos de Seguridade extralimítanse na "defensa do cidadán" fixo posible que o CNP identificara a ambos funcionarios e iniciara expediente informativo. Motivo polo que é moi recomendable gravar calquera actuación policial que presencies, e se considera que algo é incorrecto podes enviar a activate@dereitoscivis.net para a súa publicación dunha forma axeitada.

Resulta realmente abraiante comprobar como o CNP de Valencia foi capaz de identificar aos funcionarios involucrados dada a mala calidade da gravación. É  evidente que foi unha reacción áxil e digna de alabar. Ogallá que a resolución tamén o sexa.

E a reacción fáise máis digna de alabanza se temos en conta que a Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade ven rexeitando de forma reiterada as denuncias contra funcionarios baseadas en gravacións e imaxes publicadas nos medios de comunicación alegando que as mesmas poderían estar manipuladas.

E aquí é onde Valencia crúzase coa Coruña. No 2016 varios funcionarios actuaron se identificación nunha carga en Riazor. 



Presentada queixa pola actuación, a Xefatura Superior de Policía alegou que non se evidenciou a existencia de infracción disciplinaria algunha, procedéndose ao arquivo do expediente.

Contestación da Xefatura Superior de Policía de Galiza
Tendo en conta a resposta podería parecer que o CNP mostrou interese na queixa e iniciou algún tipo de expediente para coñecer o acontecido. Porén, como xa se a dito, a Inspección de Persoal e Servizos de Seguridade non é moi receptiva á hora de tramitar denuncias nas que se usen como proba imaxes publicada nos medios de comunicación, e non parecía probable que a Xefatura Superior de Policía actuara dunha forma máis garantista. Por ese motivo foi necesario seguir indagando sobre a investigación realizada.

Nunha nova contestación o Corpo Nacional de Policía seguiu buscando dar a imaxe de que se había realizado algún tipo de investigación que permitira chegar á conclusión de que "non se evidenciou a existencia de infracción disciplinaria algunha". Nese sentido a Dirección Xeral da Policía remitiu a seguinte contestación ao Defensor del Pueblo:


Unha contestación que non aclara o motivo polo que non había infracción disciplinaria na ausencia da identificación obrigatoria. Algo que fixo que o Defensor del Pueblo reclamara máis información e, sorpresa!!!! O Xefe da VII Unidade de Intervención Policía de Galiza limitouse a mirar a imaxe e chegou á conclusión de que non era posible comprobar se o funcionario portaba a identificación, nin sequera a identidade dos mesmos.




Das indagacións realizadas podemos concluír que a Xefatura Superior de Policía na Galiza é capaz de chegar á conclusión de que un funcionario ao que non foron capaces de identificar non cometeu a infracción de non portar a identificación obligatoria a pesar de que, afirman, non foron capaces de apreciar se portaba ou non a identficación na foto presentada como proba.

Outra cuestión curiosa é que o CNP non solicitou ningunha subsanación ou mellora para poder identificar ao funcionario ou averiguar se portaba a identificación. Limitouse a arquivala e afirmar que non se evidenciou a existencia de infracción disciplinaria algunha.

Para rematar, e de aí ven o titular deste post, como é posible que a Policía Nacional de Valencia sexa capaz de identificar ao funcionario denunciado pero a Policía Nacional da Coruña non? Sobre todo se temos en conta que a gravación de Valencia era de bastante peor calidade.

Unha persoa mal intencionada poderá pensar que non houbo interese. Pero iso sería prevaricación.