Este é o blog de Dereitos Civís. Podes visitar a páxina clicando na imaxe

Recomendacións de DC cara este 24 e 25 de Xullo.


  • Gravar sons e obter fotos e vídeos das actuacións policiais (non está prohibido segundo sentencia 72/2007 do Tribunal Constitucional e o Defensor del Pueblo realizou unha recomendación nese sentido)
  • Subilas á nube para evitar o borrado con Fabeook Live (iOS), Periscope (iOS e Android) ou outras aplicacións.
  • Evitar calquera comentario sobre a gravación ou calquera tipo de edición das imaxes
  • Remitilas a activate@dereitoscivis.net
Requisado de bandeiras por funcionarios policiais
O próximo día 25 e o día de Galiza, e nestas datas haberá un inxente despregue policial que impedirá o normal exercicio de dereitos fundamentais nas rúas de Santiago de Compostela.

Multiplicaranse as identificacións, cacheos, prohibición de circulacións por determinadas zonas, retirada de bandeiras da patria, requisado de soportes de bandeiras….

Dado que a Dirección Xeral da Policía informa que non ten constancia de que se dean esas situacións no nos país, e que as probas son imprescindibles para calquera tipo de denuncia pois a palabaras dos axentes gozan de presunción de veracidade, é imprescindible que durante estes días teñas no escritorio do teu teléfono un acceso directo para a gravadora de sons e outro da cámara de fotos; e no caso de ter que dirixirte a un funcionario policial poidas gravar a conversación, ou no caso de observar unha actuación policial que consideres incorrecta a poidas gravar.

É preferible utilizar unha gravadora que suba as gravacións a servizos da nube para evitar que a borren do teléfono. Da mesma maneira é preferible ter habilitada algunha forma de gardado automático das imaxes e vídeos có mesmo fin.

Se o teu teléfono dispón de sistema operativo iOS é moi útil a aplicación de Facebook live. Para Android e iOS é recomendable a aplicación Periscope de twitter. Hai que ter en conta que esas apliacións suben as gravacións directamente as redes sociais (Facebook ou Twitter) motivo polo que non é prudente realizar ningún tipo de comentario sobre os funcionarios ou a súa actuación para evitar a aplicación da Lei Mordaza.

Por último, pódese remitir as gravacións, fotos e vídeos a activate@dereitoscivis.net para que se tramiten as correspondentes denuncias.

NOME
HW
BG
CS
WG
$
COMENTARIOS
Secret Voice Recorder
X
X
X



Hidden Record

X



Activación por SMS
Spy Voice Recorder
X
X
X
X

Envío gravacións por email (recomendo crear unha conta só para esta aplicación, pois pide o contrasinal).
Pode encriptar as gravacións

Secret Recorder Hidden 2017
X
X
X

X
Activación por SMS
Planificador de gravación
Pagamento para usar determinadas funcións de almacenamento
Problemas co Cloud Storage na versión 6.0.1 de Android
Grabadora de voz gratis





Non te molestes en instalala
Spy Recorder
X




Moi básica
Secret Audio Recorder
X
X


X
Vibra ao iniciar/deter a gravación (pódese configurar na versión PRO)
Secret Recording
X
X
X


Problemas co Cloud Storage na versión 6.0.1 de Android
Hidden Background MIC

X



Inicia e detén a gravación mediante chamada de teléfono a un número configurable
Recorder PRO
X
X




Voice Recorder PRO

X

X




  • BG (Gravación en segundo plano): que permita seguir gravando se o móbil entra en estado de repouso, ou se entra unha chamada, etc.
  • HW (Control por hardware): que permita iniciar/deter a gravación mediante un botón físico do móbil (volume +/-, botón de inicio, etc.). Isto permite deter a gravación incluso se o móbil está en repouso (do contrario o usuario ten que realizar varias accións antes de poder deter a gravación se o móbil entrou en repouso).
  • CS (Almacenamento na "nube"): que garde unha copia da gravación nun repositorio remoto tras a finalización (sen que o usuario teña que premer ningunha tecla adicional)
  • WG (Widget de escritorio): que permita ter un control gráfico no escritorio do móbil, que permita iniciar/deter a gravación cunha única acción do usuario (o control de hardware é preferible a esta opción posto que neste caso, se o móbil entrou en repouso, cómpre desbloquear/activar a pantalla para premer o widget).
  • $ (Pagamentos adicionais): se cómpre pagar para acceder a opcións avanzadas da aplicación (non se inclúe a opción de eliminar anuncios).
Probablemente a máis recomendable sexa "Secret Voice Recorder".

Rógase evitar situacións conflictivas que poidan levar a detención ou sanción da persoa que esté realizando a gravación.